COOPERATIVA PASEO MATUTINO
Vivenda protexida nova en PROPIEDADE
Residencial Paseo Matutino Cooperativa é un proxecto de vivendas protexidas promovido en cooperativa, con opcións de 2 e 3 dormitorios, garaxe e rocho.
49 vivendas protexidas en Ponteareas
Rua Paseo Matutino, a 150 metros do Concello
Cooperativa de vivendas de protección pública: VPA (Vivendas de Protección Autonómica) en Ponteareas.
🏗️ INICIO DE OBRA PRÓXIMO
Tu casa en Ponteareas a precio de coste. Únete a nuestra cooperativa y ahorra hasta un 20%. Viviendas de alta calidad sin beneficios inmobiliarios. ¡Plazas limitadas
Diseña tu futuro en Ponteareas. Formamos cooperativa de viviendas con espacios a tu medida y zonas comunes. Participa en la creación de tu hogar desde el primer día.
Viviendas en régimen de cooperativa en Ponteareas: Gestión profesional, máxima transparencia y garantías totales. La forma más inteligente y segura de comprar tu casa.
Vivenda protexida en propiedade en Ponteareas, promovida mediante cooperativa, con garaxe e rocho incluídos e prezo máximo regulado pola Xunta de Galicia.
Residencial Paseo Matutino Cooperativa é un proxecto de autopromoción cooperativa no que as persoas socias participan no desenvolvemento das súas vivendas, dentro do marco de VPA de réxime Especial.
📲 Quero informarme..
PONTEAREAS (PONTEVEDRA)👇
Accede a unha vivenda nova en Ponteareas mediante un modelo de autopromoción cooperativa, con garaxe e rocho incluídos e prezo máximo regulado pola Xunta de Galicia.
¿Que é Residencial Paseo Matutino Cooperativa?
É unha cooperativa de vivendas de protección autonómica VPA en Ponteareas, en propiedade.
O proxecto está formado por 49 vivendas protexidas, situadas a só 150 metros do Concello, con garaxe e rocho incluídos.
A cooperativa reúne persoas interesadas en acceder a unha vivenda nova mediante un modelo de autopromoción cooperativa, con prezo máximo regulado pola Xunta de Galicia e requisitos de acceso establecidos pola normativa de vivenda protexida.
Como funciona a cooperativa
A cooperativa promove o desenvolvemento das vivendas para as persoas socias, coordinando a adquisición do solo, a tramitación urbanística, o financiamento, a construción do edificio e a posterior adxudicación das vivendas.
Neste modelo, as persoas socias participan nun proceso de autopromoción cooperativa, co obxectivo de acceder á propiedade dunha vivenda protexida nova en Ponteareas.
As vivendas estarán suxeitas á normativa de VPA de réxime Expecial, con prezo máximo regulado pola Xunta de Galicia, e incluirán garaxe e rocho.
A incorporación á cooperativa permite participar no proxecto desde a súa fase inicial, coñecer as condicións de acceso e escoller vivenda segundo dispoñibilidade, requisitos e orde establecido pola propia cooperativa.
Características das vivendas
As vivendas terán cualificación de Vivenda de Protección Autonómica de réxime Especial (VPA) e estarán destinadas á propiedade mediante cooperativa.
O proxecto contempla vivendas novas de 2 e 3 dormitorios, con garaxe e rocho incluídos, dentro dun modelo de autopromoción cooperativa e con prezo máximo regulado pola Xunta de Galicia.
A promoción está pensada para ofrecer confort, eficiencia e calidade construtiva, incorporando eficiencia enerxética A e un sistema construtivo en CLT, madeira contralaminada, unha solución moderna, industrializada e orientada a mellorar o comportamento térmico e acústico da vivenda.
Tipoloxías dispoñibles
➡ 2 Dormitorios:
28 vivendas : Entre 67 e 87 m² útiles
➡ 3 Dormitorios:
21 vivendas : Entre 84 e 95 m² útiles
Achega inicial
Vivendas de 2 dormitorios: 20.000 €
Vivendas de 3 dormitorios: 22.000 €
Achegas e garantías
En determinadas tipoloxías especiais, como os áticos, o valor de adxudicación poderá ser superior en función da superficie, características e anexos vinculados.
Durante a fase de construción, as cantidades entregadas polas persoas socias estarán protexidas mediante o correspondente seguro de afianzamento, conforme á normativa aplicable. Isto permite reforzar a seguridade económica das achegas realizadas durante o desenvolvemento da promoción.
Ao tratarse dunha cooperativa de vivendas en réxime de propiedade, as achegas forman parte do proceso de autopromoción e adxudicación da vivenda, sempre dentro dos límites establecidos para a VPA de réxime especial.
En caso de baixa dunha persoa socia, o procedemento de devolución quedará regulado polos estatutos sociais da cooperativa e pola normativa aplicable, tendo en conta o momento da baixa, a situación económica coa cooperativa e a posible incorporación dunha nova persoa socia substituta.
Estudo económico e custo previsto
O estudo económico da promoción elaborarase a partir da normativa aplicable, da superficie de cada vivenda, do custo real da promoción e das condicións de financiamento dispoñibles.
Ao tratarse dunha cooperativa de vivendas, o importe final corresponderá ao valor de adxudicación de cada vivenda, garaxe e rocho, sempre dentro dos límites máximos establecidos para a VPA de réxime especial.
As cantidades poderán axustarse en función do custo definitivo da construción, da financiación, das licenzas, dos seguros, dos honorarios técnicos e doutros gastos necesarios para o desenvolvemento da promoción.
Unha opción pensada para acceder á vivenda en propiedade
Trátase dunha oportunidade para acceder a unha vivenda protexida nova en Ponteareas, en réxime de propiedade e mediante cooperativa.
O proxecto está orientado a persoas que buscan unha vivenda con prezo regulado pola Xunta de Galicia, condicións claras e un proceso acompañado desde a información inicial ata a adxudicación final da vivenda.
Proceso paso a paso
Paso 1. Información
Recibes toda a información sobre o proxecto, as tipoloxías dispoñibles, os requisitos VPA, o funcionamento da cooperativa e as condicións de acceso.
Paso 2. Revisión de requisitos
Comprobamos que cumpres os requisitos necesarios para acceder a unha Vivenda de Protección Autonómica de réxime especial.
Paso 3. Incorporación á cooperativa
Se o proxecto encaixa contigo e cumpres os requisitos, iníciase a incorporación como persoa socia mediante o ingreso do capital social correspondente.
Paso 4. Elección de vivenda
Unha vez incorporada a persoa socia, realízase a elección da vivenda segundo dispoñibilidade, tipoloxía e criterios establecidos pola cooperativa.
Paso 5. Achegas e financiamento
Formalízanse as achegas correspondentes á vivenda elixida e estrutúrase o financiamento necesario para o desenvolvemento da promoción.
Paso 6. Construción do edificio
A cooperativa impulsa a construción do edificio, coordinando o proceso técnico, administrativo e financeiro ata a finalización da obra.
Paso 7. Adxudicación e entrega da vivenda
Unha vez rematada a promoción e cumpridos os trámites correspondentes, formalízase a adxudicación da vivenda e procédese á entrega á persoa socia cooperativista.
O proceso
Tipoloxías dispoñibles
REXÍSTRATE – VIVENDAS DISPONIBLES:
2 DORMITORIOS
17
REXÍSTRATE – VIVENDAS DISPONIBLES:
3 DORMITORIOS
0
REXÍSTRATE – VIVENDAS DISPONIBLES:
ATICOS
0
Requisitos para acceder
Para acceder a unha vivenda de Residencial Paseo Matutino Cooperativa é necesario cumprir os requisitos establecidos pola normativa de Vivenda de Protección Autonómica de réxime especial (VPA).
Entre os principais requisitos atópanse:
Non ser titular doutra vivenda en condicións incompatibles co acceso a unha vivenda protexida, salvo as excepcións previstas pola normativa vixente.
Ter uns ingresos mínimos suficientes, establecidos en 0,7 veces o IPREM, segundo a unidade de convivencia.
Non superar o límite máximo de ingresos establecido para VPA de réxime especial, fixado en 4,5 veces o IPREM, tendo en conta a composición da unidade de convivencia e os criterios de ponderación aplicables.
O cumprimento destes requisitos revisarase de forma individual antes da incorporación definitiva á cooperativa.
Para quen é
Pode encaixar contigo se...
Buscas unha vivenda nova en Ponteareas en propiedade.
Queres acceder a unha Vivenda de Protección Autonómica de réxime especial (VPA), con prezo máximo regulado pola Xunta de Galicia.
Estás interesado nun modelo de autopromoción cooperativa, onde as persoas socias participan no desenvolvemento da promoción.
Cumpres os requisitos de acceso establecidos pola normativa de vivenda protexida.
Podes asumir as achegas, gastos e financiamento necesarios para a compra da vivenda.
Valoras unha vivenda con garaxe e rocho incluídos, eficiencia enerxética e un proceso acompañado desde a información inicial ata a adxudicación final.
Queres recibir información clara sobre tipoloxías, superficies, valor estimado de adxudicación, requisitos e próximos pasos.
EFICIENCIA ENERXETICA +A
Garaxe, rocho e calidade das vivendas
Todas as vivendas de Residencial Paseo Matutino Cooperativa inclúen, sen excepción, praza de garaxe e rocho vinculados.
Non son elementos opcionais: forman parte da vivenda adxudicada dentro do proxecto cooperativo.
As vivendas terán cualificación de Vivenda de Protección Autonómica de réxime especial (VPA) e contarán con eficiencia enerxética A, o que reforza o compromiso do proxecto coa calidade, o confort e a eficiencia no uso diario da vivenda.
GALCA na xestión integral de cooperativas e proxectos de vivenda.
GALCA: experiencia e acompañamento para acceder á vivenda asequible en cooperativa
En GALCA Solucións Habitacionais acompañamos proxectos cooperativos de vivenda cunha idea clara: facilitar o acceso a vivendas de calidade, coa mellor relación calidade-custo posible e cun proceso ordenado, transparente e participativo.
Nunha cooperativa, a persoa interesada non actúa como un comprador tradicional desde o primeiro día. Forma parte dun proxecto colectivo no que é importante entender cada fase: a incorporación como socio, a elección da vivenda, a achega inicial, a coordinación técnica, o financiamento, a construción e a entrega final.
Por iso, o papel de GALCA é acompañar ás persoas socias e coordinar os diferentes axentes que interveñen no proceso: Consello Reitor, equipo técnico, arquitectos, construtora, entidades financeiras, administracións, notarías e demais profesionais necesarios para facer avanzar a promoción con seguridade.
A nosa forma de traballar baséase en tres piares:
Información clara, para que cada persoa saiba en que punto está o proxecto e que pasos debe dar.
Xestión responsable, para organizar documentación, custos, contratos, tesouraría e relacións cos axentes implicados.
Acompañamento próximo, con atención presencial, telefónica e dixital durante o proceso cooperativo.
Creamos para ti vivendas asequibles:
O noso obxectivo non é só promover edificios. É axudar a crear fogares dentro dun modelo no que as persoas poidan participar, estar informadas e avanzar con confianza.
Traballamos en proxectos de cesión de uso (en Porriño, Coruña, Pontevedra y Vigo) e tamén en promocións orientadas ao acceso á propiedade, (Vigo Esturans y Ponteareas) sempre baixo unha estrutura cooperativa e cunha xestión profesional detrás.
Promocións en curso en estos momentos 2026:
Vivendas en cesión de uso
A Coruña · Parque Ofimático, Parcela Z16
O Porriño · Residencial Aloques Coop
Vigo · Navia e outros proxectos
Pontevedra · Valdecorvos e outros proxectos
Vivendas en propiedade en estos momentos:
Vivendas en propiedad
Tomás Alonso · Parcela R1
Paseo Matutino · Ponteareas
Chalé en Valdecorvos · Pontevedra
Experiencia que avala a xestión de años de traballo:
Vivendas entregadas e máis de 20 anos de experiencia avalan a traxectoria de GALCA na xestión integral de cooperativas e proxectos de vivenda.
Entre as promocións entregadas destacan:
Veciñas de Vigo Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas · 288 vivendas · Vigo
Eduardo Chao III Sociedade Cooperativa Galega Veciñal · 192 vivendas · Vigo
Baiona Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas · 17 vivendas · Baiona
Sociedade Cooperativa Galega A Colmea · 13 vivendas · O Porriño
A Carnocha Sociedade Cooperativa Galega de Vivendas · 25 vivendas · A Coruña
San Paio SCGV · 32 vivendas · Vigo, Praza Elíptica
RIAMAR · 39 vivendas · Tomás Alonso, Vigo
GALCA achega experiencia, método e proximidade para que cada persoa poida valorar o proxecto con información clara antes de avanzar.
Solicita información e coñece o proxecto, o funcionamento da cooperativa e os pasos para acceder a unha vivenda en propiedade en Paseo Matutino.
Achega inicial e dispoñibilidade económica
Para as vivendas de 2 dormitorios, con garaxe e rocho, está prevista unha achega inicial de 20.000 € á cooperativa.
Non é necesario realizar esta achega para solicitar información. O pagamento efectuarase nunha fase posterior do proceso cooperativo, antes do inicio das obras, no momento que se comunique formalmente.
Por este motivo, é importante que as persoas interesadas teñan prevista a dispoñibilidade económica dos 20.000 € cando corresponda realizar a achega.
As condicións e o calendario definitivo comunicaranse con antelación, para que cada persoa poida valorar a súa participación no proxecto con toda a información necesaria.
Infórmate agora, coñece as condicións e planifica con tranquilidade o teu futuro fogar.
Queres recibir información?
Se che interesa coñecer mellor o proxecto e comprobar se encaixa contigo, deixa os teus datos e contactaremos contigo para explicarche o funcionamento, os requisitos e os seguintes pasos.
Estamos aquí para ayudarte a lograrlo.
Rexístrate se este proxecto encaixa contigo
Antes de cubrir o formulario, revisa se Residencial Paseo Matutino Cooperativa se adapta ao que estás buscando.
Este rexistro está pensado para persoas interesadas en recibir información sobre unha vivenda protexida nova en Ponteareas, en propiedade mediante cooperativa.
O proxecto pode encaixar contigo se:
Buscas unha vivenda nova en Ponteareas con garaxe e rocho incluídos.
Queres acceder a unha Vivenda de Protección Autonómica de réxime especial (VPA).
Cumpres ou cres que podes cumprir os requisitos de acceso establecidos pola normativa de vivenda protexida.
Podes asumir as achegas, gastos e financiamento necesarios para a compra, (20.000 €, de aporte inicial al inicio de la obra).
Estás interesado/a nun modelo de autopromoción cooperativa, con normas compartidas e participación das persoas socias.
Queres recibir información clara sobre tipoloxías, superficies, valor estimado de adxudicación e próximos pasos.
Se queres coñecer mellor o proxecto, cubre o formulario e contactarémoste para informarche.